Novas

SEGUE UNDÉCIMO NA XERAL DO TOUR DE SAN LUIS

De Segovia buscará un posto entre os dez mellores na última cita coa montaña

[ 23/01/2010 ] Os ciclistas do Xacobeo Galicia deron síntomas evidentes de recuperación dos problemas estomacais que viñeran padecendo, cunha boa actuación en conxunto na quinta etapa do Tour de San Luís. José Antonio De Segovia e Marcos García cruzaron a meta de La Carolina nas posicións décimo quinta e décimo sexta, a 1-51 de Jackson Rodríguez (Androni-Giocattoli). O liderado da carreira segue en poder de Vicenzo Nibali (Liquigas).

  • Tour de San Luis en directo por Radio Popular de San Luís (abrir con Internet Explorer)
  • Marcos García, Kolobnev e De Segovia (foto: Luís Barbosa)

    Marcos García, Kolobnev e De Segovia (foto: Luís Barbosa)

    Tras esta etapa, José Antonio De Segovia, mellor corredor do Xacobeo Galicia na xeral, quedou a un segundo da décima praza. Obxectivo que ten para a última xornada de montaña e penúltima da rolda arxentina, con final no Miradoiro do Sol, un porto de seis quilómetros e unha pendente media en torno ao dez por cento.

    A quinta etapa estivo marcada por dous portos de primeira categoría nos últimos vinte e cinco quilómetros do percorrido. Nestas subidas o pelotón se fragmentouse en numerosos grupos, que foron cruzando a meta de forma graduada. O terceiro corredor do Xacobeo Galicia foi Rodrigo García, no posto trixésimo segundo, a 5-06.

    Por diante disputáronlle a etapa a Rodríguez, Valls (Footon - Servetto) e Kolovnev (Katusha). O trío rabuñou sete segundos ao grupo do líder, Nibali, que agora dispón dunha renda de 30 segundos con respecto a José Serpa (Androni-Giocattoli), e de 1-09 sobre o alacantino Valls, terceiro clasificado.


    Imprimir Enviar


    © Fundación Ciclismo Galego

    Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web

    RSS: Novas Axenda | Que é o RSS?