Novas

MAÑÁ DISPÚTASE A ÚLTIMA ETAPA

Rodrigo García, protagonista na escapada da xornada no Tour de San Luís

[ 23/01/2010 ] O ciclista do Xacobeo Galicia José Antonio de Segovia quedouse a un posto do seu obxectivo de entrar entre os dez mellores da clasificación xeral do Tour de San Luís, aproveitando o último contacto da rolda arxentina coa montaña. No transcurso da sexta etapa, outro corredor do equipo galego, Rodrigo García, tamén foi protagonista ao formar parte desde a saída dunha fuga que acabou sendo neutralizada na ascensión ao Mirador del Sol, porto que albergaba a meta.

  • Tour de San Luis en directo por Radio Popular de San Luís (abrir con Internet Explorer)
  • Sexteto do Xacobeo Galicia en San Luís

    Sexteto do Xacobeo Galicia en San Luís

    José A. De Segovia alcanzou a meta no Mirador del Sol, na localidade de Merlo, no posto décimo quinto, que o deixou na undécima praza. Dous postos por diante na etapa, no décimo terceiro lugar, entraba o seu compañeiro Marcos García. Na xeral por equipo so Xacobeo Galicia sitúase quinto, entre as dezanove formación participantes.

    O protagonismo nos primeiros cento corenta e cinco quilómetros do percorrido correspondeu a un sexteto de fuxidos no que entrou Rodrigo García por parte do Xacobeo Galicia, así como o arxentino do Andalucía-Cajasur Montenegro. A fuga chegou a contar con algo máis de oito minutos de vantaxe, para quedar neutralizada nos seis quilómetros de ascensión ata a meta.

    A vitoria de etapa foi para o marbellí do Androni - Giocattoli Luís Mate, superando ao seu compañeiro de equipo Serpa e ao líder da carreira Nibali (Liquigas), que practicamente se asegurou o triunfo final, porque a sétima e última xornada parece predestinada a un sprint masivo no que o Xacobeo Galicia intentará xogarse a baza de Francisco J. Pacheco.


    Imprimir Enviar


    © Fundación Ciclismo Galego

    Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web

    RSS: Novas Axenda | Que é o RSS?