Novas
CHALLENGE DE MALLORCA
Catro ciclistas profesionais galegos de nome Gustavo coincidiron en Palma
[ 07/02/2010 ] No pelotón español actualmente hai tres ciclistas co nome de Gustavo, e os tres pertencen ao equipo Xacobeo Galicia. Facendo memoria só atopamos, polo menos nunhas cantas décadas atrás, outro ciclista profesional español con ese nome, Gustavo Otero. Tamén é galego e militou, primeiro, no equipo portugués Porta da Ravessa e posteriormente no Kelme-Comunidade Valenciana.
Challenge de Mallorca: fotos etapa 1

Veloso, Domínguez, Otero e Rodríguez
A casualidade quixo que os catro se atopasen no Paseo Marítimo de Palma na primeira xornada da Challenge de Mallorca. A coincidencia puido darse, dun lado, porque os tres ciclistas do Xacobeo Galicia foron convocados para esta carreira: Gustavo C. Veloso, Gustavo Domínguez e o recentemente incorporado Gustavo Rodríguez.
E, pola súa banda, Gustavo Otero, que estudou enxeñería de máquinas, ten precisamente o actual posto de traballo no porto de Palma: é o xefe de mantemento dun dos luxosos iates que fondean na baía da capital mallorquina.
A foto ampliada pode verse no arquivo de imaxes da xornada.