Novas

O PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA RECIBIU AO EQUIPO NA PRAZA DO OBRADOIRO

A presentación do Xacobeo Galicia, un canto á esperanza e ao futuro do ciclismo galego

[ 15/02/2010 ] O ciclismo galego viviu unha xornada de ilusión nos actos de presentación do equipo Xacobeo Galicia. O evento iniciouse á unha da tarde cunha ofrenda ao Apóstolo e tivo o seu acto central ao fío das cinco e media da tarde cando os corredores do equipo profesional entraron en bicicleta acompañados por dous centenares de rapaces e rapazas de distintas escolas de ciclismo galegas na praza do Obradoiro, onde os esperaba o presidente da Xunta, Álberto Núñez Feijóo, co conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e o secretario xeral para o Deporte, José R. Lete.

Núñez Feijóo e Ezequiel Mosquera

Núñez Feijóo e Ezequiel Mosquera

Logo dunha sesión de fotos, o equipo Xacobeo Galicia ofreceu ao Apóstolo Santiago o trofeo de equipo vencedor da Volta a España 2010. A ofrenda foi lida por Álvaro Pino, flanqueado polo secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e por David García. Seguiu unha comida do equipo cos patrocinadores e os medios de comunicación.

A partir das tres e media da tarde viviuse un dos actos máis emotivos da xornada, cunha concentración do equipo no Monte do Gozo e de ciclistas novos de distintas escolas de ciclismo de Galicia. Logo dunha foto de familia, baixaron todos xuntos ata a Praza do Obradoiro, onde lles esperaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela.

O presidente da Xunta de Galicia saudou un a un aos ciclistas do cadro do Xacobeo Galicia e interesouse polos seus obxectivos para esta tempada 2010. Posteriormente departiu con mozos das escolas de ciclismo que acompañaran ao equipo profesional e que constitúen o futuro do deporte da bicicleta en Galicia. Pecháronse os actos coa presentación dos ciclistas e cunha rolda de prensa.

Logo dunha sesión de fotos, o equipo Xacobeo Galicia ofreceu ao Apóstolo Santiago o trofeo de equipo vencedor da Volta a España 2010. A ofrenda foi lida por Álvaro Piñeiro, flanqueado polo secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e por David García. Seguiu unha comida do equipo cos patrocinadores e os medios de comunicación.

A partir das tres e media da tarde viviuse un dos actos máis emotivos da xornada, cunha concentración do equipo no Monte do Gozo e de ciclistas novos de distintas escolas de ciclismo de Galicia. Logo dunha foto de familia, baixaron todos xuntos ata a Praza do Obradoiro, onde lles esperaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela.

O presidente da Xunta de Galicia saudou un a un aos ciclistas do cadro do Xacobeo Galicia e interesouse polos seus obxectivos para esta tempada 2010. Posteriormente departiu con mozos das escolas de ciclismo que acompañaran ao equipo profesional e que constitúen o futuro do deporte da bicicleta en Galicia. Pecháronse os actos coa presentación dos ciclistas e cunha rolda de prensa.


Imprimir Enviar


© Fundación Ciclismo Galego

Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web

RSS: Novas Axenda | Que é o RSS?