Novas

O XACOBEO GALICIA NA CLÁSICA DE ALMERÍA

Gonzalo Rabuñal estivo escapado e Rodrigo García acabou undécimo

[ 28/02/2010 ] O Xacobeo Galicia estivo presente con Gonzalo Rabuñal na escapada da xornada e conseguiu o undécimo posto final con Rodrigo García na Clásica de Almería. A carreira resolveuse ao sprint, con vitoria para Theo Bos (Cervelo), quen superou ao gran favorito, o británico Marc Cavendish (Columbia), segundo, e a Graeme Brown (Rabobank), terceiro.

  • Gonzalo Rabuñal: "A batalla no pelotón acabou coas opcións da escapada"
  • Rodrigo García: "Atopeime ben e, se as cosas seguen así, presentaranse máis oportunidades"
  • Rodrigo García

    Rodrigo García

    Os ciclistas do Xacobeo Galicia metéronse na batalla desde a saída en busca dunha alternativa ao sprint masivo, que pouco lle favorecía ao non poder contar nesta ocasión co seu home rápido, Francisco Pacheco.

    Na primeira tentativa de escapada o equipo dirixido en Almería por José Ángel Vidal meteu a Gustavo Rodríguez. A acción tivo pouco éxito. Foi superado o quilómetro vinte de carreira, e despois de que o pelotón anulase varios intentos máis de fuga, cando prosperou o ataque que protagonizou Gonzalo Rabuñal xunto a Carrasco (Andalucía-Cajasur), Golas (Vacansoleil) e Zabalo (Orbea).

    Nun primeiro momento no pelotón ninguén quixo asumir responsabilidades e os fuxidos cobraron unha vantaxe próxima aos sete minutos en apenas quince quilómetros. A partir dese momento, asumiu os labores de control o equipo Columbia e a renda foi a menos, ata quedar anulada no quilómetro 125, dos 178 que ofrecía o percorrido da proba.

    O control por parte del pelotón mantívose ata a liña de meta na que Cavendish, que xa pasara apuros no porto de segunda categoría, viuse sorprendido polo holandés Theo Bos, que reúne cinco medallas de ouro nos mundiais de pista e unha de prata nas Olimpíadas de Atenas 2004.

    DECLARACIONES
    Gonzalo Rabuñal: "A batalla no pelotón acabou coas opcións da escapada"
    O ciclista do Xacobeo Galicia Gonzalo Rabuñal, un dos catro protagonistas da fuga, declarou ao final da carreira: "Na escapada iamos regulando, porque sabiamos que non ía ser fácil chegar, pero as cousas complicáronsenos no paso do pelotón polo porto de segunda. Nesa subida atacou o Caisse D´Epargne e descolgouse Cavendish".

    A partir dese porto, a nova situación de carreira acabou coas poucas opcións dos escapados: "O pelotón rompeu en dous grupos, establecéndose unha loita entre eles, que o que fixo foi reducir rapidamente a vantaxe que nós traiamos; e ao final o pelotón acabou xuntándose outra vez", explicou Gonzalo Rabuñal.

    Rodrigo García: "Atopeime ben e, se as cosas seguen así, presentaranse máis oportunidades"
    Rodrigo García, unha das fichaxes do Xacobeo Galicia en 2010, clasificouse undécimo, aínda que por momentos a carreira pareceu ofrecerlle mellores expectativas. "Foi unha mágoa que o pelotón volvese a unirse tras o paso polo porto de segunda, porque no grupo de vinte e cinco ou trinta ciclistas que se formou por diante, nós meteramos a catro corredores e penso que de cara a meta eu houbera tido bastantes máis opcións. Pero o terreo non ofrecía moita dureza e a falta duns trinta quilómetros produciuse a reunificación", declarou o estremeño.

    "No grupo dianteiro polo Xacobeo Galicia meterámonos Ezequiel, Delio, Rabuñal e eu. O sprint foi bastante caótico e vinme desde o primeiro momento con poucas opcións. Os ciclistas do equipo Columbia quedaron cortados no porto e foron entrando posteriormente, pero chegaron a meta con pouco gas e non foron capaces de tomar o mando nos metros finais. De aí a desorganización. Polo demais, atopeime ben e, se as cousas seguen así, penso que haberá máis oportunidades", dixo, finalmente, Rodrigo García.

    Imprimir Enviar


    © Fundación Ciclismo Galego

    Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web

    RSS: Novas Axenda | Que é o RSS?