Novas

O TRAXECTO CUBRIRASE EN TRES ETAPAS

O Xacobeo Galicia preparará o calendario de primavera na ruta do Camiño Lisboa-Compostela

[ 05/03/2010 ] O Xacobeo Galicia preparará o importante calendario de primavera que se lle aveciña, cun adestramento colectivo de alta intensidade sobre o Camiño de Santiago pola ruta portuguesa. O equipo ciclista profesional galego prepárase para cubrir a distancia de 595 quilómetros entre Lisboa e Santiago de Compostela en tres etapas do 9 ao 11 de marzo.

Xacobeo Galicia 2010

Xacobeo Galicia 2010

A primeira xornada sairá de Lisboa o vindeiro martes e terminará en Termas de Curía, logo dun percorrido de 225 quilómetros; a segunda irá desde esta localidade balnearia ata Ponte de Lima sobre un itinerario de 184 quilómetros, e a terceira e última unirá a poboación do norte de Portugal con Santiago de Compostela, seguindo un traxecto de 186 quilómetros. A entrada en Galicia farase por Goian (O Rosal-Pontevedra) e o itinerario ata Vigo discorrerá pola costa.

Este será o último adestramento colectivo do equipo antes de facer fronte ao importante calendario de finais de marzo, que contempla a participación na Volta a Cataluña, carreira Pro Tour a disputar do 22 ao 28; e tres clásicas, a primeira en Holanda e as outras dúas en Bélxica: Eneco Rolde van het Groene Hart (21 de marzo), Dwars door Vlaanderen (A través a Flandes) (24 de marzo) e GP E3 Prijs Harelbeke (27 de marzo).

Recepción no Centro Galego de Lisboa
A actividade ten tamén unha compoñente de promoción do Camiño de Santiago neste ano Santo, e aproveitarase tamén este evento da Fundación Ciclismo Galego para cursar unha visita ao Centro Galego de Lisboa-Xuventude de Galicia.

Invitación a ciclistas amateurs para a última etapa
Na última xornada tamén está previsto que os ciclista do Xacobeo Galicia compartan o "camiño" desde a entrada en Galicia ata Santiago de Compostela, nun percorrido de 154 quilómetros.


Imprimir Enviar


© Fundación Ciclismo Galego

Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web

RSS: Novas Axenda | Que é o RSS?