Novas

OS ACTOS CELEBRÁRONSE EN VIGO

Ciclistas do Xacobeo Galicia colaboraron co ‘Día Mundial do Glaucoma’

[ 12/03/2010 ] O Xacobeo Galicia participou nos actos do Día Mundial do Glaucoma. Recentemente chegados de percorrer o Camiño Portugués entre Lisboa e Santiago de Compostela, Gustavo Domínguez, Delio Fernández e Vladimir Isaychev foron os ciclistas que representaron ao equipo profesional galego nas actividades promovidas pola Asociación Galega para a Prevención do Glaucoma.

  • Fotos dos actos
  • Vladimir, Delio e Gustavo Domínguez

    Vladimir, Delio e Gustavo Domínguez

    Esta enfermidade ocular sitúase en segunda posición no número de casos de cegueira que provoca entre a poboación mundial e, para concienciar da súa ameaza, organizáronse diversos actos en Vigo baixo o lema ‘Vida e cor para os teus ollos’.

    Entre as actividades que se despregarán ao longo de todo o día, contábase un percorrido en bicicleta de aproximadamente un quilómetro entre o Concello de Vigo e a Gran Vía, que encabezaron os ciclistas do Xacobeo Galicia antes mencionados.

    Os corredores tamén participaron en actividades de pintura e sometéronse a revisións oculares que a organización ofrece gratuitamente aos transeúntes que pasan pola céntrica rúa viguesa.

    A continuación os tres ciclistas foron directamente a adestrar porque Gustavo Domínguez e Vladimir Isaychev disputarán o 21 de marzo en Holanda o Eneco Rolde van het Groene Hart, primeira proba dun grupo de tres clásicas ata o día 27; mentres que Delio Fernández está previsto que compita na Volta a Cataluña do 22 e o 28.


    Imprimir Enviar


    © Fundación Ciclismo Galego

    Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web

    RSS: Novas Axenda | Que é o RSS?