A Fundación
Fundación Ciclismo Galego
A Fundación Ciclismo Galego nace o 11 de xullo 2006 coa sinatura diante do notario Xosé Luís Prieto Fenech da acta fundacional por parte das entidades promotoras: Valery Karpin
S.L., Consellería de Cultura e Deporte, Consellería de Innovación e Industria (Galicia Calidade), Fundación Deporte Galego, Caixanova e Cardomar S.L. En 2008 adhírese a Dirección Xeral de Turismo - Xacobeo S.A. de Xestión.
A Fundación Ciclismo Galego está declarada de interese galego por Orde da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia dende o 1 de setembro de 2006 e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de interese galego co número 2006/8. En canto Fundación de Interese Galego está sometida á Lei 7/83, de Réxime de fundacións de interese galego.
O Protectorado ao que está adscrita a Fundación é o da Consellería de Cultura e Deporte, no que posúe o número de rexistro 142.
Finalmente, e no relativo ao eido deportivo, a Fundación Ciclismo Galego está inscrita no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia co número C-08972 e inscrita como club deportivo na Federación Galega de Ciclismo. Ademais, a Fundación ten rexistrado o equipo ciclista Xacobeo Galicia na Unión Ciclista Internacional (UCI).
Imprimir Enviar